Novas


06/05/18

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA VISITA A GRANXA DE SERANTELLOS

O pasado 3 de maio, o alumnado de 1º do Colexio, puido gozar da excursión de fin de curso.

O evento tivo lugar na Granxa Escola Serantellos, que está en Castrelo.

A viaxe foi curtiña e nun abrir e pechar de ollos xa estabamos alí comezando unha xornada que sería marabillosa.

Estivemos medio día, pero podedes estar seguros de que aproveitamos ata o último minuto.

Como apreciades nas fotografías, fixemos moitas actividades.

Ao chegar separámonos en grupos de traballo, para poder ir pasando todos polos diferentes talleres.

No primeiro taller fomos ao forno, onde fixemos fariña de trigo que posteriormente nos valeu para realizar os boliños de pan tan ricos que levamos para casa (e que estamos feitos todos uns panadeiros/as!).

No segundo taller ocupámonos de coñecer un pouquiño mais os diferentes animaliños que viven na granxa. Alí conviven patos, ocas, porquiños, un tenreiro, ovellas, os pequenos cabaliños, galiñas, galos e un sen fin de aves.

O terceiro taller realizámolo na espectacular zona de cultivos. Visitamos o invernadoiro e as pequenas plantacións do redor. Ademais fixemos o noso pequeno sementeiro e cada un de nos levou un vasiño con sementes de pipas, que esperamos fagan medrar uns estupendos xirasoles. 

As mestras tomaron notas de ideas para a nosa horta escolar, ademais de traer algunha que outra plantiña para que vexamos como se van desenrolando.

Á volta estabamos xa tan cansados que algúns de nos viñamos case durmidos, pero ao chegar espabilamos rapidamente porque tiñamos moitas gañas de contarvos todas as cousas fantásticas que fixeramos na nesta excursión.