Novas


13/05/18

GOZANDO DA NATUREZA NO CATOIRA CAMP

Chegou o día tan esperado polos nenos de 5 anos. Ansiosos collemos o autobús con destino a Catoira Camp “El mirlo blanco”. Estábannos esperando 10 monitoras que nos deron unha moi boa acollida. Distribuíronnos en grupos e, a partires de aquí, xa comezou unha fantástica aventura. Os animais, a horta e o pombal gustáronnos moito, chamounos a atención os ovos das galiñas araucanas, baixos en colesterol e que teñen unha cascara entre branca e azulada pero, a actividade estrela da mañá foi a elaboración do noso bolo de pan doce. Logo, o xantar estaba delicioso e despois de tanto exercicio, era necesario repoñer forzas. Acabamos a tarde esgotados con tantos xogos e tan diversos pero moi contentos.

A despedida foi espectacular, tódolos monitores collidos das mans en alto fixéronnos unha ponte e nos pasamos por debaixo dándolles as grazas polo ben que nos trataron e por axudarnos a pasar un bonito día.