O mércores 9 de maio os alumnos de 5º visitaron o zoolóxico de Marcelle. Viron animais moi fermosos e difíciles de atopar na Península. Incluso puideron observar un animal “científico” formado pola mestura de cabalo e poni. Os diversos monitores daban moita información con datos curiosos sobre a fauna. Hai que dicir que o que animaba moito a excursión eran as cancións e xogos que facían entre as distintas paradas. Despois da comida fixeron tiro con arco, algo que lles emocionou moito.
Aprenderon cousas curiosas sobre os animais e viviron a experiencia de entrar nunha reserva natural. A reserva trataba dun lugar onde os animais estaban soltos e os alumnos podían andar entre eles, agás os animais máis perigosos como o xabaril e o lobo que estaban cercados. Algúns nenos tiveron a oportunidade de darlle de comer ao xabaril ou á segunda ave máis grande do mundo.
Ademais de toda a diversión da excursión, unha das aprendizaxes máis importantes da visita é a importancia do coidado do medio ambiente e o planeta no que vivimos.
Esta noticia foi redactada por Marta Rodríguez, Candela Montenegro e Uxía Villar.