Novas


22/05/18

ADRENALINA NA EXCURSIÓN FINAL DE CURSO DOS ALUMNOS DE 4º

Chegou o día desexado por todos e todas, a excursión de fin de curso.

Este ano, os alumnos de 4º de E.P viaxamos ata Padrón, ao parque multiaventura Galipark, onde os xogos e a natureza marcaron toda a mañá e parte da tarde.

Os nenos e nenas puideron gozar das pistas de xeo, tiro con arco, circuítos de altura, rocódromo e tirolinas, onde só os máis valentes  atrevéronse a subir, iso si, contando có apoio de tódolos compañeiros. Pero, sen dúbida, a actividade que triunfou foi o “Laser tag”, un xogo de estratexia onde o obxectivo era alcanzar, a través dun sistema de infravermellos, os receptores situados nos rivais.

A mañá foi estupenda e rematou cunha saborosa comida. Pola tarde, retomamos as actividades e tivemos tempo de descansar e merendar.

Dende primeira hora da mañá ata media tarde, puidemos realizar todo tipo de actividades polo que á volta estabamos un pouco cansos.

Divertíronse moitísimo e puideron gozar do máis importante: pasalo ben cos seus compañeiros e compañeiras .