Novas


23/05/18

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E O ACCESO AO FONDO DE LIBROS

Do 23 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos) estará aberto o prazo para solicitar axudas de adquisición de libros de texto, para 1º e 2º de primaria; para o fondo de libros, de 3º de primaria a 4º da ESO e para a adquisición de material escolar, para toda primaria e a ESO.

Podedes atopar os formularios na portería do centro en horario de 9:15 a 13:45

Máis información nos seguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25009

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/30711/abrese-prazo-para-solicitar-axudas-para-adquisicion-libros-material-escolar-acceso

A publicación das listas provisionais do fondo de libros será o 11 de xullo de 2018 e a das listas definitivas será o 18 de xullo para primaria e o 13 de setembro para a ESO.

Para os vales de libros (1º e 2º de Primaria) e material escolar porase unha data de recollida.

Para vales de material de secundaria a data de recollida será o 17 de setembro