Novas


26/05/18

SURSUM CORDA!

O día 24 comezamos as festas patronais de San Felipe Neri. Dende o 16 de maio respírase ledicia e toques de festa decoran as fiestras. Nas aulas da ESO círculos de cores e mil flores nas de Primaria e Infantil.

Comezaos coa Global Muiñeira, seguimos co ambiente de novena e rosquillas de Santa Rita e despois a Filiolimpiada. Todo o alumnado xogando e superando probas con xogos tradicionais e deportivos en equipo. Identificados coas cores do parchis os equipos foron sumando puntos. Finalmente foron os amarelos os que gañaron e recibiron unha rica piruleta como premio. Ao medio día esperaban as mochilas, máis desta vez cheas de bocatas que os alumnos de primaria comeron no bosque do colexio.

O 25 celebramos a festa grande, coa misa e o tradicional bolo e chocolate. Como fin de festa os alumnos de Secundaria xogaron encontros deportivos en FEXDEGA cos alumnos do Colexio San Francisco.

Viva San Felipe Neri!