Novas


03/06/18

PROXECTO FARO DA ESCOLA

Despois dalgúns meses de reporteiros/as,  o noso proxecto chegou ao seu fin.  O mellor agasallo foi o froito do noso traballo, e dicir, o  primeiro “Faro da Escola”.  Estamos orgullosos do resultado sobre todo por ser a  primeira vez que participamos, pero seguiremos para o próximo curso porque quedamos con ganas de máis. Este proxecto ofreceunos a posibilidade de descubrir en nós a capacidade de observar, de ter iniciativa e saber tomar decisións.Todo isto mEsturado coas materias  que implican a realización das noticias daría lugar ao noso primeiro xornal.

E para rematar, este pasado luns 28 de maio, algúns alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de Primaria, acudimos á emocionante gala de entrega de premios que se celebrou nos xardíns do Pazo “Quiñones de León” en Castrelos, Vigo. Houbo unha longa lista de recoñecementos polo traballo e compromiso escolar que algúns centros asumimos con Faro de Vigo. Con  este proxecto didáctico tivemos moitas experiencias non só como reporteiros, puidemos visitar a redacción do xornal,  coñecer a Antonio García Teixeiro en persona, tivemos charlas con membros CSIC e algún que outro encontro periodístico máis que completaban o noso traballo.