Novas


01/06/18

CELEBRAMOS A TRADICIONAL OFRENDA FLORAL Á VIRXE MARÍA

Os nenos e nenas de Educación Infantil e, primeiro e segundo de Educación Primaria, realizamos este xoves a ofrenda floral á Virxe María. Por mor da choiva, non puidemos realizar a xa tradicional procesión polo bosque. Reunímonos no baixo teito, lucindo os medallóns que fixemos especialmente para esta ocasión. Os maiores levaron en brazos á Virxe ata alí. Xa todos xuntos, moitos dixemos o que significaba a nosa nai do ceo para nós. Despois, cada curso, entregoulle o seu ramo de flores, recitámoslle poemas, cantámoslle e rezamos o “Ave María”, dándolle as grazas por coidarnos.