Novas


31/05/18

XAVIER SENÍN VISITA O NOSO CENTRO PARA FALAR MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

O pasado día 28 de maio, Xavier Senín, licenciado en filoloxía moderna na rama de francés, catedrático de bacharelato, tradutor principalmente do francés e o catalán ao galego e exdirector xeral do libro na Xunta de Galicia, visitou o noso colexio.

Na súa visita, tivo a ocasión de reunirse cos alumnos de 6º e 2ºde primaria para falar acerca da vida e obra da autora premiada pola Real Academia Galega neste ano 2018 no “Día das Letras Galegas”, María Victoria Moreno Márquez. 

Ademais de repasar a súa obra, a amizade do noso poñente coa homenaxeada, propiciou unha exposición entretida e moi interesante. Relatou anécdotas vividas en primeira persoa, onde descubrimos a parte humana da escritora, en gran parte, descoñecida polos nosos alumnos.

Recordounos algunhas das  súas experiencias e relatounos como esta escritora Cacereña que chegou a Galicia en 1963, namorouse rapidamente da nosa comunidade e sempre mostrou un gran compromiso coa nosa cultura e a ensinanza da nosa lingua.