Novas


04/06/18

O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA PASOU UNHA MAÑÁ ENTRE ABELLAS

Este luns, os nenos e nenas de segundo, fixemos  a  esperada excursión de fin de curso. Fomos a Granxa Apípolis, onde gozamos de  varios obradoiros, coñecendo así o incrible mundo das abellas.

Ao chegar nos dividiron en dous grupos, coñecemos aos nosos monitores e dixéronnos que tiñamos a mañá cheíña de actividades.

No primeiro obradoiro vestímonos de apicultores e fomos a ver os panais das abellas. Algúns de nos pasamos un pouquiño de apuro ao comezo, xa que nunca viramos tantas abellas de preto. 

Na seguinte actividade, visitamos unha pequena exposición onde explicáronnos varias curiosidades sobre as abellas das que non tiñamos nin idea.  

A continuación, puxémonos mans á obra e fixemos unhas galletas, moitos de nos acabamos cheíños de fariña, foi moi divertido. 

Xa chegada a metade da mañá fixemos un pequeno descanso para merendar e coller enerxía para o resto das actividades.

De seguido aprendemos a facer mel, que puidemos probar e levar á casa, estaba riquísima. Para finalizar a mañá, cada un de nos fixo unha vela coa cera das abellas, cheiraba xenial e tamén a puidemos levar, voltamos cargadiños de agasallos!