Novas


25/05/18

VITORIA FILIPENE NO REBUMBIO MATEMÁTICO

Tras vencer na “Fase de Centro” e na “Face de Zona” o 27 de abril, o equipo de 6º de Primaria, formado por Gonzalo Rodríguez, Natalia Portela y An Ran Cheng,  fíxose coa vitoria galega na “Fase Final”, celebrada en Coruña o 25 de maio.

Este ano por primeira vez o equipo gañador nesta Fase Final, enfrontarase cos equipos das outras comunidades autónomas nunha Fase Nacional que se celebrará en Melilla. Esta Fase Nacional está organizada pola FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas).

Os rapaces viaxarán a Melilla do 18 ao 21 de xuño e alí terán unha convivencia con moitas actividades e probas matemáticas. 

Moi orgullosos dos nosos pitagoríns!

Deixamos os enlaces á prensa:

La Voz de Galicia: “Gonzalo + Natalia + An= La fórmula perfecta”

Diario de Arousa: “Campeones gallegos de las matemáticas útles”