Os nenos e as nenas de 3 anos, fomos de excursión a “O Quinteiro de Temperán”, un centro de interpretación da cultura agraria galega.
Cando chegamos, repartíronnos en tres grupiños, e puxéronnos un mandil a cada un de nós.
Comezamos a facer actividades: plantamos leitugas e pementos; moemos sementes de centeo e fixemos fariña; tocamos fariñas de diferentes cereais para ver a diferenza no tacto; coñecemos como vivían os nosos ancestros; vimos un colchón feito de follato de millo e entre todos elaboramos un xergón; démoslle de comer aos coellos e as galiñas e coñecemos ao pavo Arturo. Tamén estivemos collendo amapoulas e margaridas, coñecemos diferentes herbas aromáticas…
Despois de tanto faenar, merendamos todo o que levaban as nosas mestras: galletas, bolos con chocolate, auga, zumes... no Quinteiro , ademáis, agasalláronnos cunha rosca que estaba moi boa.
Antes de marchar, sorprendéronnos cun teatro de títeres, que nos encantou.
Finalmente emprendemos o viaxe de volta á casa, estábamos moi cansos e algún de nós durmimos un anaco.
¡ FOI UNHA AVENTURA INESQUECIBLE!