Novas


16/06/18

CANTO SE PODE APRENDER DUN PEQUENO INSECTO? OS DE 4 ANOS TRABALLAN NO PROXECTO "AS ABELLAS"

Ó longo deste trimestre, os nenos e nenas de catro anos estivemos traballando “As abellas”. Foi un tema que espertou moita curiosidade e interese, posto que dende o seu inicio, fixémonos moitas preguntas sobre elas; qué comían, onde vivían, cómo respiraban, se tamén ían ó cole… pouco a pouco fomos dando resposta a estes interrogantes. Para iso, ademais do traballo na aula, contamos ca colaboración das nosas familias, cas que estamos moi agradecidos pola súa colaboración. 

Moitas realizaron maquetas e prestáronnos contos. Outras, viñeron á aula a lelos ou a mostrarnos vídeos sobre a súa vida. Tamén realizamos diferentes actividades plásticas; fixemos a nosa abella ca súa colmea e unha abella de cartón, a cal pintamos, recortamos e pegamos. 

Ademais, tamén tratamos a importancia das plantas e as flores na súa vida, polo que plantamos a nosa propia planta e levámola para casa, onde a mimaremos e coidaremos moito para que sega medrando. Foinos moi sinxelo, xa que, aínda que o tempo non o permitiu moito, este trimestre tamén estivemos plantando e coidando o horto do cole. 

En definitiva, foi un trimestre curto pero no cal, aprendemos moitas cousas! Grazas familias, outra vez, pola vosa colaboración.