Novas


15/09/18

COMEZOU A FUNCIONAR O COMEDOR ESCOLAR, UN NOVO SERVIZO PARA AS FAMILIAS DO COLEXIO

O pasado 12 de setembro empezou a funcionar o servizo de comedor escolar no noso centro con 65 alumnos de Educación Infantil e Primaria. No próximo mes de outubro incorporarase outro pequeno grupo de alumnos, entre eles algúns alumnos de Educación Secundaria que solicitaron este servizo para os martes.

A empresa Arume e o Colegio, eliximos menús na forma “liña fría”, máis segura no traslado dos alimentos e con mellor presentación na mesa, xa que que se remata a transformación do produto no propio comedor nun forno transformador á hora de servir o menú.

En breve os pais dos alumnos que utilizan o comedor terán á súa disposición, nesta web, os menus semanais (incluídos os das dietas especiais)