Novas


26/10/18

"ZENTANGLE, ARTE E MEDITACIÓN"

Os alumnos de 6º de primaria iniciáronse con moito interese nun mundo de arte e espontaneidade chamado “Zentangle”. Trátase dun método de debuxo, que usa de forma repetitiva diferentes formas xeométricas e curvilíneas. O seu principal obxectivo é o de inducir á calma os nosos alumnos, e mellorar a atención a través de liñas estruturadas, que van formando belas e orixinais imaxes. É un método que está ó alcance de todos, xa que unha das máximas desta técnica é que “non existen erros”, cada trazo é único, persoal, e reflexa como nos sentimos nun determinado momento..