Como cada ano, os nenos e nenas do colexio Sagrada Familia de Vilagarcía celebramos este día, o 30 de xaneiro, con ledicia e con esperanza.
A ledicia de sentirnos libres como o noso lema de este ano, a ledicia de sabernos queridos, a ledicia de sentirnos protexidos. Pero sabemos que non todos os nenos e nenas poden gozar da sensación de vivir en PAZ. É por iso que temos a esperanza de que aqueles que non a teñen, poidan pronto conseguila. Porque a PAZ é un dereito. Que non se nos esqueza!
Dende o noso centro, fixemos montóns de actividades para conmemorar esta data. Estivemos preparando moitísimas actividades: Un mural coas nosas manciñas, un taumatropo, unha árbore da Paz,... ademais de moitas dinámicas ( a diana da PAZ, o semáforo...) nas que, todos os cursos, recordamos a importancia deste día.
Pero como queremos facernos fortes na nosa mensaxe e, sabemos que a unión fai a forza, un ano mais quixemos unirnos á campaña “Símbolos Humanos de la Paz y la No violencia” nos centros escolares.
Este ano, quixemos facer o símbolo da “No violencia” cos nosos compañeiros e compañeiras. Este símbolo ten moitos significados, paro na maioría das ocasións representa a perfección.
Os dous círculos representan, ao individuo e o mais grande, representa o universo, a sociedade.
Estes dous círculos están conectados por dous semicírculos que teñen dous significados:
•Trata ao demais como queres ser tratado.
•Pensar, sentir e actuar na mesma dirección.
Esperemos que esta mensaxe de PAZ, dalgún xeito, lles chegue a aquelas familias que o precisan tanto nestes momentos.