Novas


01/03/19

CELEBRAMOS O ENTROIDO CUNHA NOVIDADE, A FINAL DO CONCURSO "NACEU UN TALENTO"

Hoxe venres  o noso centro celebra no baixo teito o tan agardado festival de entroido, onde os nenos  amosan toda a súa imaxinación  cos seus disfraces. Este ano  non é  un entroido temático , senón que, son os nenos os que elixen os seus traxes , dando así ao centro un colorido distinto e orixinal. Temos meigas, princesas, guerreiros e toda unha serie de personaxes  que xorden do maxín dos nenos.

Ás 12:30 comezou o desfile en EI e EP no baixo teito con cada titor ao fronte do seu grupo. Houbo música e baile e como cada ano, os nenos da asociación Bata ,que son os nosos convidados, gozaron do noso espírito fililpense integrándose cos nosos alumnos.

Previamente, e como non podería ser doutro xeito, fixemos a tradicional comida de orellas e filloas de entroido nas nosas aulas. 

Este ano como novidade organizouse, dende a materia de Iniciativas Emprendedores o concurso “Naceu un talento” a partires do curso de 4º de EP, elixindo un finalista por grupo ou clase e celebrouse a final despois do desfile.

Unha xornada xenial!