Novas


09/02/21

O 1 DE MARZO ABRE O PRAZO PARA ENTREGAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-22

O 1 de marzo ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2021-22. No seguinte enlace podedes consultar o calendario de admisións, a documentación a entregar e os criterios de baremación.

Podedes descargar aquí o formulario de solicitude, que deberá estar firmado polos dous proxenitores e presentarse, antes do 22 de marzo, na Administración do colexio, previa cita, ou por vía telemática.