Novas


29/01/16

A IMAXINACIÓN E A CREATIVIDADE A CONCURSO

Os alumnos de 4º de ESO están a amosar a súa creatividade estes días.  Por mor do vindeiro concurso de cartas de amor que vai ter lugar no colexio o día de San Valentín, convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística do Centro, os alumnos de 4º foron os encargados de realizar os carteis que o publicitan. Nas clases  de Plástica e visual puxéronse a traballar con moito entusiasmo e o resultado é este abano de obras poboadas de cor e arte.

Deixámosvos a mostra do seu talento para que poidades disfrutar coma nós!

Coñeceremos ao gañador o Día das Letras Galegas!