Novas


29/01/16

COMEZA A PREPARACIÓN DO PARLAMENTO XOVE

Coma todos os anos por estas datas, os alumnos/as que van participar no torneo de debate Parlamento Xove inician a súa preparación. Este ano fixérono dunha maneira especial, acudindo a unha sesión de formación impartida pola empresa Talkk. A actividade, que estaba organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tiña como obxectivo introducir o alumnado na dinámica do Parlamento Xove e orientalo á hora de preparar o debate e construír os discursos.
Moita sorte para Marina Chaves, Paula González, Daniel Noya, Rubén Núñez, Uxía Paz, Uxía Sánchez, Yaiza Torrado e Bruno Vila, que serán os alumnos e alumnas que representen o centro na sétima edición do Parlamento Xove, coordinados, como vén sendo habitual, polos profesores María Nogueira e Rubén Rivas.