Novas


29/01/16

INFANTIL CELEBRA O DÍA DA PAZ

Para os cativos de Infantil, este venres foi un día moi especial.
Dende primeiras horas da mañá  no noso “cole” respirábase ambiente de festa. Todo estaba decorado para a ocasión, música, globos, pombas, murais...
Nada máis entrar, escoitamos as cancións da  Coral Filipense, e colocamos coas nosas familias a nosa pomba branca cun desexo de paz.
Despois nas diferentes aulas, reflexionamos sobre o tema, e fíxemos diversas manualidades, fichas e traballos sobre este día.
A nosa celebración particular tivo lugar no patio interior, alí fomos todos vestidiños de branco, e maquillados na nosa cara cunha pomba e outros símbolos de paz.¡ Estabamos Guapísimos!
 Todos collidiños da man recitamos a poesía “Todos los niños venimos a  pedir con ilusión”.
Despois cantamos a canción: “ Todos los niños queremos la paz” .
 E por último fixemos un gran abrazo en común.

¡¡¡FELIZ DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA!!!