Novas


09/02/16

OS MÁIS PEQUENOS DO COLE VIVEN O ANTROIDO A TOPE

Este venres os alumnos de Educación Infantil celebramos o Antroido.
Xa durante a semana confeccionamos diferentes caretas, antifaces e maquillaxes como preparativos para o día grande desta festa no noso colexio.
O venres foi ese día especial e tan esperado. Viñemos ao “cole” cada un vestido do seu heroe, princesa ou profesión preferida...
Había: Spidermans, Power Rangers, Princesas Elsas, Monsters Highs, Campanillas, indios, vaqueiros, policías, piratas, paiasos, ratiñas presumidas e un longo etc.
As primeiras horas da mañá desfrutamos cos nosos compañeiros nas aulas e tivemos unha merenda especial con doces típicos nestas datas: orellas e filloas.
Despois, xa no patio interior, fixemos un desfile que saíu moi ben, como se fósemos modelos profesionais, e despois tivemos un gran baile.
¡PÁSAMOLO XENIAL! ¡ FELIZ ANTROIDO A TODOS!