Novas


28/02/16

OS DOUS EQUIPOS DE DEBATE DO COLEXIO CLASIFICADOS PARA A FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE

Esta fin de semana celebrouse a primeira fase do Parlamento Xove 2016. Os dous equipos de debate do cole arrasaron situándose en 1º e 2º posto na clasificación final.
No torneo participaban 24 centros de toda Galicia e os alumnos filipenses demostraron unha grande destreza oratoria. O equipo formado por Uxía Sánchez, Paula González e Daniel Noya de 3º da ESO e por Uxía Paz de 4º gañou os tres debates que disputou con puntuacións moi altas e conseguíu situarse en 1º lugar. O outro equipo composto por Yaiza Torrado, Bruno Vila, Rubén Núñez e Marina Chaves tamén gañou os tres debates e colocouse no 2º posto da clasificación.
O 15 e 16 de abril veránse as caras cos 8 equipos clasificados na sede do Parlamento de Galicia.
Moita sorte e a debater!