Novas


29/02/16

OS PAIS PARTICIPAN NO DÍA DO PROTAGONISTA E NO PLAN LECTOR DE ED. INFANTIL

Durante este curso, como novidade, os pais e nais ou outros familiares  de Ed. Infantil visitarán as aulas dos seus fillos, para participar nas actividades do día do protagonista, ou no  Plan Lector de  Educación Infantil.

No día do protagonista os pais contarannos de forma lúdica en consiste a súa profesión ou explicarán a súa afección  favorita.
Aqueles que participan no plan lector contarannos un conto, dramatizándoo ou con apoio das novas tecnoloxías.

Esta semana foron tres os pais e nais participantes:

-Na aula de 3 anos “B” unha nai dramatizounos o conto de  “Blancanieves y los siete enanitos”
Confeccionou  títeres de Brancaneves para as rapazas e  dos ananiños para os rapaces.
En todo momento apoiaba a súa narración con apoio visual das principais imaxes do conto.
E agasallounos a cada un de nós con un conto de Educación en Valores.

-Na aula de 4 anos “B” un pai que é periodista deportivo, explicounos como se fai unha noticia, dende que xurde se envía ao periódico, ata que chega o quiosco.
Tamén nos explicou as partes dun periódico, os diferentes tipos de novas, e como é unha xornada laboral dun periodista. Tamén nos contou que ademáis é entrenador  de baloncesto.

-Na aula de 4 anos “A” un pai que é comercial, contounos de forma detallada en que consistía a súa profesión.  Coa súa axuda elaboramos entre todos un gran  barco pirata con material de reciclaxe e con pegatinas decoradas por nós mesmos.

¡PASÁMOLO XENIAL, E APRENDEMOS MOITAS COUSAS, XA ESTAMOS ESPERANDO IMPACIENTES AS PRÓXIMAS VISITAS!