Novas


29/02/16

INFORMACIÓN SOBRE AS ADMISIÓNS PARA O CURSO 2016-17

A continuación facilitamos a información que pode ser de interese para as admisión para o vindeiro curso.
Este centro ten xornada única de mañá co horario de 9:15 a14:15 h. para Infantil e Primaria. Para secundaria o horario será de 08:45 a 14:15 e a tarde dos martes de 16:15 a 18:00.
Servicio de madrugadores a partires das 8:30 hrs.
Polas tardes ofertaranse actividades a partir de 4 anos.
As familias colaboran cunha aportación para os gastos de funcionamento do centro de 20’50 eur/alumno/mes.
Prazo : 1 – 29 marzo (IMPORTANTE: SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE)
Para admisións distintas das de 4º Ed. Infantil, a familia que presente solicitude noutro centro deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe
Para solicitudes de 1º Prim e 1º ESO os alumnos que teñan reserva de praza nun centro deberá comunicar a renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro
Adxuntamos calendario do proceso de admisión.
Presentación do Anexo II e Anexo A.
Documentación que teñen que aportar as familias:

• Certificado de empadroamento municipal, no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. O empadroamento deberá ter unha antigüidade mínima dun ano, respecto ao fin do plazo (29 marzo) e expedido neste ano. De haber un cambio de domicilio menor a un ano de antigüedade, deberá xustificarse con documentación da vivenda.
Opción do domicilio de traballo. Asalariado: certificado de empresa e fotoc. contrato traballo. Autónomo: Alta censal de Hacienda e alta Seg. Social.

• Renda da unidade familiar. Suma das casiñas 430 e 445 da declaración da renda das persoas físicas do ano 2014, dividir o importe entre os que viven na casa (pai, nai, fillos), se o resultado está nesta táboa terá puntos de renta.
RANGO 0 - 3.195,07 3195.07 -4792,60 4792.60 -6390,13 +6390,13
PUNTUACIÓN 3 2 1 0

• No caso de convivir cun só proxenitor sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador, medidas paterno-filiales. Neste caso a solicitude de admisión ten que estar firmada polos dous proxenitores e adxuntar o DNI do que non convive co neno.

• Fotocopia do libro de familia. Traer o orixinal para cotexar.

• Fotocopia do libro de familia numerosa. Traer o orixinal para cotexar.

• Certificado oficial de minusvalía do pai, nai, alumno ou irmáns do neno.

• Criterio de libre disposición: Pai, nai ou irmá antigo alumno do centro. Fotocopia do título ou ano en que saiu do centro para comprobar actas.
Podedes descargar o Anexo II  no link que tendes a continuación e descargar o Anexo A no apartado CIRCULARES/CENTRO desta web:

Fuente: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18306