Novas


19/02/16

GRAZAS POR TODO MARICARMEN

O pasado venres Mª Carmen Barca comezou unha nova etapa na súa vida despois de 40 anos no mundo do ensino… Comeza a súa merecida xubilación!!!

Fomos testemuñas de moitos sentimentos ese día. Entre bagoas, apertas e lembranzas despedímonos dunha mestra que, como ela di “sinto o colexio como se fose meu, levo aquí dende os tres anos!!!”

Dende o centro desexámoslle unha etapa chea de alegrías!!!

Grazas Mª Carmen!! Botarémoste en falta!!!