Novas


10/03/16

NOVAS VISITAS DAS FAMILIAS PARA O DÍA DO PROTAGONISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana, tivemos novas visitas dos nosos pais ou familiares para participar no Día do Protagonista en Educación Infantil.
En tres anos “A” tivemos a visita dunha coidadora dun dos nenos desta aula. Falounos do seu país “Arxentina”, do lonxe que está, de que so podemos viaxar ata alí en barco ou en avión. Ensinounos as costumes típicas do país, como van alá os nenos ao colexio, preparamos un mate, e miramos un conto chamado “ La tortuga Manuelita”. Finalmente deunos como agasallos uns pauciños con barcos e avións.
En tres anos “B” tivemos unha visita dunha mamá farmacéutica. Veu vestida coa bata branca, que é o seu uniforme de traballo, falounos da importancia de tomar ben as menciñas cando estamos maliños. Pero tamén nos falou de que non podemos nunca tomar menciñas se no estamos malos aínda que saiban moi ben. Si facemos iso poñerémonos maliños de verdade e teremos que ir ao hospital. Falounos de todo o que se pode mercar nunha farmacia: menciñas, pero tamén cremas, pastas, cepillos de dentes... Tamén nos dixo que na farmacia non so venden menciñas que xa están preparadas senón que tamén os farmacéuticos poden preparar menciñas, e fíxonos un experimento en directo: encheu auga nun matraz transparentee botoulle uns polviños brancos e por arte de maxia a auga converteuse en morada, quedamos abraiados.
En catro anos “A” esta semana tivemos dúas visitas: Un pai que é comercial de lámpadas , que nos fixo reflexionar sobre a importancia que ten a luz nas nosas vidas. Ensinounos distintos tipos de lámpadas que emiten diferente tipo de luz. Coloreamos cada un de nós unha lámpada co color que quixésemos. Despois cooperamos todos os nenos e nenas da aula para que unha lámpada máxica emitise as cores que nos pintamos. Un pai que é fisioterapeuta, explicounos que o seu traballo consistía en aliviar doenzas dos pacientes por medio de exercicios terapéuticos, calor, frío, luz, masaxes de inmovilización... E fíxonos experimentar a cada un de nós esas sensacións.
En cinco anos “A”, visitounos un pai que é Mariño na Escola Naval. Explicounos cunha presentación en que consistía a súa profesión, veu vestido co seu uniforme, trouxo a espada que utilizan nos desfiles militares, que comprobamos que era moi pesada , ensinounos en fotografías o barco no que traballaba, deixounos probar o seu gorro e sentímonos mariños por un día.
En cinco anos “B”, visitounos un pai que é profesor de pádel, coa axuda da pantalla dixital ensinounos o campo onde se xoga, a pala, a pelota... Explicounos con todo detalle en que consiste este deporte.
Gracias a todos, porque gracias a vós estamos aprendendo moitas cousas de forma lúdica e divertida.  ESPERAMOS CON MOITAS GANAS AS PRÓXIMAS VISITAS!