Novas


05/02/16

EDUCACIÓN VIAL NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana, tivemos unhas xornadas de Educación Víal, nas nosas aulas. Un policía chamado “Mino” vestido co seu uniforme, explicounos a través de vídeos e diferente xogos, as normas básicas de circulación. Aprendemos que cando viaxamos en coche:

• Sempre debemos ir no asento de atrás.

• Sempre debemos ir sentados nunha cadeira adaptada a nosa altura e ao noso peso.

• Sempre debemos levar o cinto de seguridade posto. Cando somos peóns pola rúa

• Debemos cruzar sempre polos pasos de cebra.

• Debemos obedecer aos semáforos. Cando vamos en bicicleta ou en patíns

• Sempre debemos poñer casco.

• Tamén outras proteccións, como rodilleiras ou codeiras. Se algún día nos perdemos

• Debemos sempre pedir a axuda dun policía. Se encontramos con algunha persoa descoñecida que nos pide ir con ela a cambio de caramelos ou “chuches”, sempre debemos dicirlle que non.
Divertímonos moito facendo os xogos da sinal de stop, do semáforo, ou do cinto.
PASÁMOLO MOI BEN! e aprendemos moitas cousas, moitas grazas Mino, e ata a próxima!