Novas


17/03/16

APRENDENDO A SER CIENTÍFICOS

Neste trimestre, os alumnos de primeiro da ESO quedaron moi satisfeitos coa estrea do novo microscopio, que acabamos de mercar para o laboratorio do centro.
Primeiro tiveron a oportunidade de preparar eles mesmos mostras con células animais e vexetais, previo o seu visionado. Seica ese labor de deseccionar vertebrados e pequenos invertebrados, semella que lles divertiu o seu.
Netes últimos días, coa melloría do tempo, saíron cara ao bosque provistos do seu caderno de campo e demais utensilios na pescuda de toda clase de bicherío para poder poñer en práctica os seus coñecementos sobre o método científico.
Queremos tamén, desde esta  páxina, agradecer á AMPA a súa colaboración económica na adquisisción do devandito microscopio.