Novas


11/03/16

MÁIS VISITAS DAS FAMILIAS PARA O DÍA DO PROTAGONISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL E PARA PARTICIPAR NO NOSO PLAN LECTOR

Esta semana, contamos de novo con máis visitas de pais e nais de Educación Infantil que nos veñen a contar a súa profesión no día do protagonista ou que veñen a participar no plan lector contándonos un conto.


• En tres anos “A” tivemos a visita dunha nai dun dos nenos desta aula. Contounos un conto, no que nós íamos tocando uns puntiños, e o conto ía cambiando a medida que pasábamos de páxina. Portámonos moi ben, e regalounos unha brocheta de chuches que tiña os mesmos puntiños que o conto que escoitamos.


• En tres anos “B” esta semana tivemos dúas visitas:´
- Unha nai que é mestra no noso “cole”, visitounos cos seus alumnos, contounos en que consistía o seu traballo, e todo o que facían os seus alumnos na clase. Cada neno maior regalounos un debuxo a cada un de nós, sabían todos os nosos nomes. E cantáronnos unha canción chamada “Mi colegio”. Regaláronnos “chuches” e nós a eles gusanitos. Pasámolo fenomenal.
- Outra das nosas nais, veu a clase, a contarnos un conto. Contounos o conto da” Sirenita”. E regalounos un colar de Sirenita a cada un de nós. Disfrutamos moitísimo.


• En catro anos “A” esta semana visitounos unha nai que é profesora de inglés, fíxonos reflexionar sobre a importancia de aprender idiomas, e que se poden aprender de forma divertida mediante xogos, canción e lectura de contos.


• En catro anos “B” visitounos un pai que é dentista coa súa bata branca. Explicounos en que consistía o seu traballo tanto na súa consulta, coma ensinando a futuros dentistas nun “cole” para maiores. Logo cunha presentación en Powerpoint foinos amosando para que serve a boca, os distintos tipos de dentes, cando empezan a saír aproximadamente, tamén vimos unha radiografía onde vimos como os dentes definitivos xa están preparados para saír cando caen os de leite. Aprendemos en que orde nacen e empezan a caer os dentes e o papel do rato Pérez en todo este proceso. Vimos uns dente de lamprea, como os dentes máis primitivos. Aprendemos tamén que os mesmos coidados que temos que darlle aos dentes tamén os merece á lingua e cantas veces é necesario cepillarse os dentes nun día. Despois pasamos á parte práctica e aprendemos como cepillarnos de forma axeitada. Tamén comprobamos a diferenza de dentes entre cada especie. E finalmente como fomos moi boíños deunos un agasallo para a nosa hixiene bucal.


• En cinco anos “A”, visitounos unha nai que é avogada, regalounos un simpático búho, chamado BOBOBÚO, que é protagonista do conto que nos relatou. Bobobúo é tamén un avogado, que axuda as persoas a descubrir a verdade.