Novas


07/04/16

SOMOS UNHA MAREA DE XENTE, TODOS DIFERENTES

Con motivo do Día da Concienciación do Autismo celebrado o 2 de abril, en 3º de Educación Primaria na materia de Música realizamos unha danza coa peza titulada “Marea de gente”.
Logo dunha primeira audición, analizamos e reflexionamos sobre a idea principal da letra desta canción que resumimos en: “Somos una marea de gente, todos diferentes, remando al mismo compás”. A continuación, preparamos a danza que combinaba partes en parella, trío e gran grupo.
Un elemento fundamental foi o globo azul que tiñamos cada un na man.
Este obxecto axudounos en varios aspectos: en primeiro lugar, a entender a importancia da concentración para evitar que caera; en segundo lugar, a comunicarnos cos nosos compañeiros sen palabras, só a través do movemento do globo; e, por último e moi importante, a seguir creando lazos de amizade e fortalecendo o vínculo que temos cos nosos compañeiros.