Novas


01/04/16

BENVIDOS AO SUPERMERCADO DE 3º

Para comprender mellor o uso da nosa moeda, na materia de Matemáticas en 3º de Educación Primaria, non vimos mellor maneira de practicalo que converténdonos en protagonistas nun supermercado durante varias sesións.
Coa axuda dos folletos e envases, os compradores estudamos as ofertas, comprobamos se tiñamos suficiente presuposto e entregamos a contía correcta.
Por outra banda, os vendedores estivemos moi atentos para tomar nota de todo e facer as operacións necesarias para calcular o importe a cobrar e entregar as voltas ben.
Disfrutamos moito con esta actividade e coa axuda dos nosos compañeiros do grupo cando as contas se facían máis complexas.
Desde o supermercado damos as grazas aos nosos clientes polas súas compras e aos vendedores pola súa atención.