Novas


31/03/16

DEGUSTACIÓN DE BEBIDAS SAUDABLES DOS NENOS DE 5º DE PRIMARIA

Os pasado 31de marzo os alumnos de quinto curso de primaria tivemos a oportunidade de degustar uns riquísimos batidos e moi saudables. Grazas ao S.P.A.D ( Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias) puidemos observar as consecuencias negativas e a influencia para o noso organismo do consumo de determinadas substancias, especialmente dos diferentes tipos de bebidas. Ademais, puidemos degustar uns saborosos e saudables batidos: Zume Enfresado (con laranxas, amorodos…), Zume Tónico ( con cenorias, laranxas…)… Gustounos tanto que levamos a receita de tódolos batidos para facer na casa e poder así degustalos en boa compañía . Agradecemos ao S.P.A.D por aclarar todas as nosas dúbidas e por recordarnos que todos os nosos hábitos alimenticios teñen consecuencias a corto e largo prazo e que un corpo san permítenos ter unha mente sa.