Novas


10/04/16

CONTINUAMOS COAS VISITAS DAS FAMILIAS PARA O DÍA DO PROTAGONISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL E PARA PARTICIPAR NO NOSO PLAN LECTOR

Esta semana contamos de novo con máis visitas de pais e nais de Educación Infantil que nos veñen a contar a súa profesión no día do protagonista ou que veñen a participar no plan lector contándonos un conto.


• En tres anos “A” tivemos a visita dunha nai dun dos nenos desta aula. Contounos un conto titulado “ La niña y el zurrón”


• En tres anos “B” Esta semana tivemos tres visitas:´volveunos visitar unha nai que é mestra no noso cole. Trouxo aos seus alumnos e nos fixeron a representación do conto “ El lobo y los siete cabritillos” e nos cantaron a canción “ Mi Colegio”. ¡ PASÁMOLO XENIAL!
- Outra das nosas nais veu a clase a contarnos un conto. Contounos o conto da” La niña y el zurrón”. E regalounos unha “chuche” saludabel.¡MOITAS GRAZAS!
- Tamén tivemos a visita doutra nai que nos contou o conto “ El niño que aprendió a sonreir” e regalounos galletas con cara sonrinte para que non esquezamos que si sempre levamos un sonriso nos beizos todo o mundo será máis feliz e faremos máis facilmente novos amigos.


• En catro anos “A” esta semana visitounos un pai que é militar informounos sobre a misión de axuda humanitaria na que él está traballando. Tamén nos falou dos vehículos que utilizan nos seus desprazamentos, das formas de saúdo... E poidemos experimentar con algúns materiais que usa como mapas, walkie talkie, telescopio...


• En catro anos “B”recibimos a visita dun pai que é arquitecto. Fíxonos un percorrido pola historia de como foron evolucionando as construcións dende a prehistoria ata a actualidade. Coñecemos aos inventores do formigón e contounos, entre outras cousas, que un arquitecto non só deseña vivendas senón tamén dende prazas ata campos de fútbol. Para iso ten que facerlle moitas preguntas ao cliente para saber o que quere. Teñen que ser grandes soñadores.

Entre todos fixemos a maqueta dunha cidade e levámonos de recordo para a casa a nosa primeira obra. Tamén agasallounos cunha lámina dunha edificación para que cada un a decoremos ao noso gusto.


• En cinco anos “A” recibimos varias visitas:
- Visitounos a tía dunha alumna. Ela estudou Historia da Arte, e contounos moitas cousas sobre o Antigo Exipto. Ensinounos: fotos, papiros, grabados, libros que trouxo da súa viaxe. E algúns de nós escribimos o noso nome na pizarra dixital con xeroglíficos.
- Tamén nos visitou a nai doutra alumna, explicounos a súa profesión, é azafata de voo. Ensinounos fotos do avión no que traballa. E contounos o conto:” Teo en avión”
- Este venres visitounos un pai que é Policía Nacional. Pasámolo xenial mirando unhas fotos. Ensinounos a súa placa de Policía, coloreamos un coche patrulla e fixemos os nosos propios carnés de policías infantiles.

• En cinco anos “B” recibimos a visita dun avó dun dos nenos da aula quen acompañado dun amigo e do seu neto nos  fixeron desfrutar dun pequeno concerto con tres instrumentos de corda: a guitarra española, a bandurria e o timple canario.


¡MOITAS GRAZAS, A TODOS POR COMPARTIR CON NÓS COUSAS TAN INTERESANTES, E CONTRIBUIR ASÍ A APRENDERNOS COUSAS NOVAS SEN ESFORZO!