Novas


08/04/16

VER PARA CRER

Esta semana no cole, os nosos alumnos de 4º de Primaria, fixeron unha chea de experimentos relacionados co tema de Naturais que están estudando.

O tratarse do tema da materia e as súas propiedades, os alumnos realizaron varios tipos de mesturas. Eles traballaron as mesturas homoxéneas , así como aprenderon a separalas. Tamén realizaron disolucións como primeiro paso para separar os distintos compoñentes dunha mestura.

Os alumnos utilizaron distintos métodos : Uns usaron a filtración , outros a evaporación... Sempre guiados polo mestre.

Tamén na clase de matemáticas os nenos puideron medir distintos obxectos do noso bosque , coa axuda duns metros axeitados a súa idade, onde eles coprobaron a medida real dos obxectos .

Aprendes mellor cando aplicas.Tentamos achegar a vida cotiá aos nosos alumnos, que sexan eles os que experimenten e comproben a forma das cousas que os rodean .