Novas


18/04/16

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS DE CAMBADOS

Este venres tivemos a visita da Protectora de animais de Cambados.
Realizaron tres charlas cada unha adecuada  a idade dos nenos (3,4 e 5 anos).
Os alumnos de 3 anos coñecemos a dous cans, que viven no refuxio. Un deles con  cadeira de rodas. E tamén coñecemos un terceiro can chamado Niebla, pero este era de Peluche.
Explicáronnos mediante un conto dun canciño chamado Melón, que nunca debemos abandonar os animais, nin maltratalos. Que ter unha mascota é unha responsabilidade e que xa dende pequenos podemos colaborar no seu coidado.
Tamén nos ensinaron a forma correcta de recoller as súas deposicións, e como debemos achegarnos a un can descoñecido na rúa.
Acariciámolos e démoslle de comer unha galleta.
Finalmente  no patio corremos con eles e pasámolo xenial.
Entregámoslles os nosos agasallos para o refuxio, e finalmente no patio comprobamos como corrían libremente.
Aos alumnos de 4 anos presentáronnos outros dous cans   que foron adoptados no refuxio de Cambados. A mensaxe principal que nos deron foi que aos animais nunca, nunca, nunca se lles pega nin se abandonan!!! Ensináronnos como hai que recoller as súas deposicións cando as fan na rúa e onde hai que depositalas, tamén o número de veces que comen ao día e os coidado de hixiene que necesitan.
Sensibilizáronnos co conto de "Abandonado" e con outro onde vimos o agradecemento dun neno á súa familia por agasallalo cun can que foi recollido do refuxio e lle foi de moita axuda cos seus problemas.
Para rematar, puxemos en practica o que aprendemos se queremos facerlle aloumiños a un can que atopemos pola rúa da correa do seu dono e os pasos que debemos seguir e que posición temos que adoptar se temos medo.
Aos alumnos de 5 anos, coñecemos os catro cans, fixemos as mesmas actividades que os nenos de 4 anos, pero a nós tamén nos explicaron como é o traballo que realizan elas día a día tanto con cans coma con gatos. Explicáronnos a historia do canciño da cadeira de rodas que foi atropelado por un camión e recollido por unha das voluntarias.  E despois fixéronnos moitas demostracións e tamén lles demos de comer.
As voluntarias quedaron moi agradecidas polas nosas aportacións solidarias para cos animais pero nos tamén estamos moi agradecidos por todo o que nos ensinaron.