Novas


19/04/16

MÁIS VISITAS DO DÍA DO PROTAGONISTA E DO PLAN LECTOR EN EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana,  tivemos novas visitas dos nosos pais ou familiares para participar no Día do Protagonista e no plan lector en Educación Infantil:


• En tres anos “B” tivemos unha visita dunha nai que nos contou un conto sobre unha bruxa e un can que cambiaban de color pola maxia. Regalounos a cada un de nós unha “variña máxica” que contiña uns polvos máxicos, para que cada un de nós se sentira  coma un pequeno mago. Encantounos a visita e tamén o agasallo.


• En catro anos “A” Estiveron esta semana  dúas familias:

- Na primeira familia a  nai, que é mestra, fíxolles preguntas aos nenos sobre o que normalmente fan eles no cole coa súa mestra ”Pili”. Explícoulles que ela tamén axuda aos seus alumnos a aprender con actividades na clase,  leu o conto de "Pedro e o lobo" e deixouno como agasallo, para que o neno/a que queira poida levalo a súa casa. O pai traballa no transporte de gas. Explicoulles que hai diferentes gases e distintos usos, algúns  coñecidos por eles, como nos refrescos, inflado de globos... Na aula fixeron unha demostración cunha botella de helio para inflar globos cos que despois xogaron ao xogo da pita cega e puxéronlle un cordel para levar a casa.
- A segunda familia que nos acompañou esta semana está formada por unha nai que traballa con tecnoloxía. Explicoulles que as máquinas conectadas á electricidade poden facerlle a vida máis fácil ás persoas. Foi facendo un percorrido dende que están no ventre da súa nai con ecografías, pasando polos utensilios para alimentación, seguridade, hixiene dental, beleza, comunicación e ocio. Os nenos manipularon, experimentaron e levaron un agasallo da empresa para todas as  familias.


• En cinco anos “A” visitounos   unha  nai que coa axuda do seu fillo contounos un conto dun xeito moi especial. Estes “artistas” fixeron un teatro de títeres, e co ritmo da ármonica de fondo, deixáronnos  a todos moi abraiados. Ao rematar ensináronnos a facer un xogo de comecocos que resultou moi divertido.
¡MOITAS GRAZAS A TODOS!