Novas


19/04/16

UN GRUPO DE PEQUENOS APICULTORES CON MOITA ILUSIÓN

Os nenos e as nenas de 2º A e B visitaron o pasado venres 15 de abril o centro para a interpretación das abellas, Apípolis, en Xeve (Pontevedra). A pesar do mal tempo, o ánimo dos nenos e das nenas non decaeu. Todo o contrario. Con moita ilusión comenzaron a intensa xornada de actividades. Despois de se vestir co traxe de apicultor, entraron no apiario onde aprenderon como viven as abellas e como fabrican o mel. Despois tiveron tempo para poñer as mans na masa. Os pequenos “master chef” fixeron galletas de mel que puideron degustar na súa casa. Tras un breve descanso para repoñer forzas, chegou o momento de escoitar un conto sobre as abellas.  Pero as sorpresas non terminaron aí xa que no último taller programado, os pequenos apicultores puideron facer unhas pequenas velas, que tamén levaron como recordo. Xa de volta no autobús, as caras de cansanzo eran visibles. Tamén o desexo por chegar cedo a casa e contarlle aos seus familiares todas as peripecias das que desfrutaron nun día irrepetible para os nosos pequenos apicultores.