Novas


21/04/16

OS DOUS EQUIPOS DO COLE VITORIOSOS NO TORNEO DE ORATORIA DO PARLAMENTO XOVE

Dous equipos do colexio disputaron a pasada fin de semana, en Santiago de Compostela, a fase final do Parlamento xove e o resultado foi excelente: premio á mellor oradora na categoría da ESO para Uxía Sánchez Lorda, acceso ás semifinais cos dous equipos e segundo posto na clasificación xeral. Estes resultados veñen a sumarse, como sabedes ao éxito da fase previa celebrada o 26 e 27 de febreiro na Coruña onde ocupamos os dous primeiros postos.

O equipo filipense composto polos alumnos/as Marina Chaves, Rubén Núñez, Yaiza Torrado e Bruno Vila e coordinado pola profesora María Nogueira acadou o segundo posto logo de caer na final disputada no hemicilo do parlamento de Galicia fronte ao IES Becerreá. Anteriormente lograra derrotar nos cuartos de final ao centro La Salle de Santiago e ao CPR Nosa Señora de Lourdes da Estrada.

Pola súa parte equipo composto polos alumnos/as Paula González, Daniel Noya, Uxía Paz e Uxía Sánchez e coordinado polo profesor Rubén Rivas derrotou nos cuartos de final ao equipo do IES A Pinguela de Monforte e caeu derrotado na semifinal polos futuros gañadores, o equipo de Becerreá, por unicamente 0,5 puntos (66 a 65,5). Dase a casualidade que estes dous equipos xa se mediran na fase clasificatoria sendo a vitoria naquel caso para os de Vilagarcía. Aínda así volveron coa satisfacción de que unha das súas integrantes, Uxía Sánchez Lorda, foi recoñecida como a mellor oradora do certame na categoría da ESO.

Moi orgullosos dos nosos rapaces e moi satisfeitos, unha vez máis, coa grande aprendizaxe que todos sacamos en limpo de toda esta aventura.

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/04/15/alumnos-colegio-filipense-disputan-final/1441939.html

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/04/16/joven-vilagarciana-convierte-mejor-oradora/1442969.html

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/04/17/oratoria-arousana-triunfa-competicion-parlamento/1443234.html

http://www.crtvg.es/informativos/a-mocidade-galega-chega-ao-parlamento-de-galicia-1985373