Novas


22/04/16

CATROCENTOS ANOS

Dise pronto! Catrocentos anos cúmprense da morte do noso escritor máis coñecido, Miguel de Cervantes  Saavedra e, como non podía ser doutro xeito, os alumnos do Colexio “Sagrada Familia Filipense”, lembrámolo a el e a Shakespeare estes días en todas as nosas actividades.
Pensamos que a mellor maneira de aprender a ser grandes escritores e imitándolles. Por iso sacamos a nosa vea máis literaria e fomos “escritores por un día”.
Metémosnos tanto na súa pel que até un dos cursos do noso cole vestiuse coa famosa gola, como afacía facer Cervantes.
Fixemos concursos de poesía, relatos curtos, contos en grupo… xa que sabemos que, con interese e constancia podemos chegar a ser grandes escritores. Ningún escritor foi bo ao principio, pero practicando e deixando saír do corazón os seus pensamentos, mirade que grandeas obras crearon!
Ademais, durante toda esta semana, desde os máis pequenos até os maiores, estivemos  descubrindo moitas cousas de ambos os escritores e lemos algún fragmento das súas obras.
Desde logo para nós é un centenario especial , pois é unha oportunidade única para presumir dun dos nosos máis grandes éscritores. Non en balde, a nosa lingua é coñecida como “a lingua de Cervantes”