Novas


22/04/16

OS ESCRITORES NOVELES DO COLEXIO SAGRADA FAMILIA

Segundo a tradición, dise que o 23 de abril de 1616 morreron Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes e é por este motivo que unha data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e animar a todos a descubrir o pracer da lectura.

Para celebrar este día, todos os cursos do colexio participamos na creación de distintas producións literarias: poemas, cantigas de amigo, contos ilustrados, microrrelatos, cómics... Tras elixir as producións gañadoras, fixemos unha exposición para que todas as persoas que pasen polos corredores do centro as poidan ler.

Deixámosvos aquí algunhas fotografías para que vexades a inmensa creatividade do alumnado do noso colexio.

“Le e conducirás, non leas e serás conducido”  Santa Teresa de Jesús.