Novas


22/04/16

OS ALUMNOS DE 4 ANOS COMEZAMOS O PROXECTO A NOSA HORTA

Os alumnos de catro anos xa comezamos este venres, un novo proxecto: "A horta". Un pai dun neno e unha nena da clase de 4 anos B brindouse a axudarnos a poñelo en marcha. Explicounos a diferenza que hai entre unha legume e unha hortaliza, por onde comen e beben as plantas e vimos a transformación que vai sufrindo a planta dende que se pon na terra ata lograr o froito. Logo, fixemos a parte práctica no campo, comezando pola preparación do terreo e abonado para plantar e sementar. Tamén nos explicou os coidados que son necesarios unha vez plantados na terra e os beneficios que aportan ás plantas moitos animais que atopamos no chan. Outro día volverá para indicarnos cómo estacar as xudías, os chícharos, tomates e pementos. Ademais destes produtos, plantamos patacas, repolos, cebolas e amorodos. Despois de todo o traballo repuxemos forzas cunhas saborosos amorodos que nos trouxo.