Novas


22/04/16

XVI REBUMBIO MATEMÁTICO

Os pasado venres, varios alumnos de 6º de Primaria tiveron a oportunidade de representar ao noso colexio no Rebumbio Matemático XVI. Trátase dunha actividade organizada por AGAPEMA ( Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) na que os nosos alumnos tiveron que demostrar o seu espírito cooperativo e de traballo en grupo no desenvolvemento e resolución de problemas matemáticos. Hugo Fole, Marcos Cachaza, Daniel Iglesias ( alumnos de 6º B) e Álvaro Silva, Andrés Ferreirós e Helena del Río ( alumnos de 6ºA), foron os nosos representantes e os encargados de resolver as distintas actividades manipulativas, de razoamento, de dedución…Problemas nos que non soamente prima a súa resolución senón tamén a súa orixinalidade, estratexias utilizadas,expresión escrita e procesos de representación. Estamos á espera dos resultados da clasificación dos máis de 90 equipos que se presentaron nas distintas zonas e dos que só se poden clasificar 15 equipos, aínda que o interese e a súa motivación son, sen dúbida, o mellor premio e recompensa. As vosas mestras de Matemáticas ( Silvia e Rocío) agradécenvos o voso esforzo e a ilusión posta nesta actividade.