23/04/16
OS INVENTORES DE XOGOS ARRASAN NO COLEXIO por Sofía Blanco e Laura Maneiro
O 18 de marzo as clases de 1º de ESO fixemos unha actividade conxunta nas clases de Inglés e Educación Física.
As actividades foron realizadas no pavillón do colexio grazas aos alumnos e alumnas de primeiro de ESO e tamén á colaboración de Paz Romagnoli , Diego Negro e Andrea a profesora que nestes momentos está de practicas.
As dúas clases de primeiro tivemos que inventar un xogo en grupo e explicar as súas regras en inglés diante da clase con axuda dun Power Point. Despois, os profesores elixiron os mellores xogos e nunha clase de Educación Física puxémolos en práctica.
O grupo gañador de 1º B foi o integrado por Amalia, Alejandra, Marta, Noa e María. Este xogo chámase “The Best Game” e as súas regras son as seguintes:
Hai 2 equipos, cada xogador leva un xiz na man. O equipo A ten unha base e o equipo B ten outra base distinta. Os membros de cada equipo teñen que chegar á base do outro equipo sen ningunha mancha de xiz.
Desgraciadamente, este xogo non se puido realizar porque era ao aire libre e estaba a chover. Entón realizouse o xogo do segundo grupo gañador cuxos integrantes son Alejandro, Duna, Ana, Alba e Enya. Este xogo chámase “The Explosive Handkerchief” e as súas regras son as seguintes:
Hai dous equipos, un en fronte do outro, e unha persoa ponse no medio cun pano en cada man. Os integrantes de cada equipo van pasándose unha pelota e cando a persoa do medio diga EXPLOSION! quen ten a pelota teñen que ir correndo a coller o pano. Quen chegue antes ao seu campo co pano na man gaña. Quen perde senta e esta eliminado/a. Perde o equipo ao que non lle queden participantes.
Todo isto saíu á perfección, os dous grupos gañadores esforzáronse para que saíse ben e tivérono que preparar todo antes da clase para poñelo en práctica. A clase de 1º A tivo 50 minutos para xogar antes do recreo, e a clase de 1º B tivo outros 50 minutos despois do recreo.
Espero que volvamos escribir máis cousas así.
GRAZAS
Artigo redactado por: Sofía Blanco e Laura Maneiro 1º ESO A
Fuente:
https://www.youtube.com/watch?v=FuBVGF3IPXc&feature=youtu.be