Departamento de orientación
O paso do alumnado polo sistema educativo debe ir acompañado da mellor e máis adecuada información e orientación, co obxecto de facilitarlle o seu desenvolvemento integral como persoa e capacitalo para que realice de forma responsable e consciente a elección do seu itinerario formativo e profesional.
Por outro lado, o feito educativo é algo profundamente ligado á diversidade dos seres humanos. No colexio Sagrada Familia cremos que unha axuda educativa personalizada é un garante para que as diferenzas existentes nos alumnos/as non impidan o seu desenvolvemento persoal e social. E temos en conta que as necesidades educativas de certos alumnos/as demandan actuacións extraordinarias.
En consecuencia, as nosas liñas de actuación céntranse en:
- Asesorar e colaborar co profesorado na detección de dificultades de aprendizaxe ou necesidades educativas especiais.
- Organizar, aplicar e avaliar as medidas de atención á diversidade adecuadas a cada necesidade (Reforzo educativo, Agrupamento específico, AC).
- Asesorar e ofrecer recursos ó equipo directivo e ó profesorado en xeral para mellorar a atención á diversidade e a convivencia no centro (Plan de Orientación e Plan de Convivencia).
- Asesorar ó profesorado e ós alumnos na utilización de técnicas de traballo intelectual que melloren o rendemento escolar.
- Facilitarlle ó alumnado o apoio e a orientación necesaria nos momentos de maior dificultade, como son o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa, a elección de optativas, itinerarios formativos ou a transición á vida profesional.
- Cooperar cos titores na información ás familias sobre asuntos relacionados coa orientación académica, psicopedagóxica e profesional, co fin de axudarlles a que asuman a orientación dos fillos dun xeito responsable.
- Participar na orientación sobre o futuro académico e profesional do alumno/a, ó remate da educación secundaria obrigatoria.
Quen somos
-
Xefa do Dpto. de Orientación: Dª Carmen Bea Pérez
-
Especialista Educación Especial: Dª Irene Berride Cuevas
-
Especialista Logopedia: D. José Maneiro Blanco
-
Especialista en Pedagoxía Terapéutica: Dª Eva Valle Paz, Dª Rita Sayar Doval e Dª Juliana Garrido Pérez
-
Profesorado: Dª Gracia Gómez Gude, Dª Natalia Sanmartín Taboada e Dª Teresa Aragonés Pose