Pastoral


    O Departamento de Pastoral do Colexio Sagrada Familia Filipense está formado por un profesor representante de cada ciclo e/ou etapa, responsable grupo xuvenil, representante de alumno, representante de familia e o Coordinador de Pastoral del Colexio. Este Departamento programa e avalía a acción pastoral.

    Ten ao seu cargo a responsabilidade da educación humana e cristiá, así como a dimensión pastoral específica do Colexio. Intenta orientar á persoa a encontrar un motivo polo que guiarse tanto no vivir como no estudar, sempre dunha maneira divertida e fomentando os momentos para compartir a fe. Por iso, fomentaranse as relaciones entre todos os membros da Comunidade Educativa mediante os valores de amizade, de compromiso persoal e o crecemento da fe.

    O Colexio debe fomentar o cultivo de actitudes e valores cristiáns, así como tamén debe ser solidario cos máis necesitados. Isto significa crear ou frutificar en cada un dos seus membros unha conciencia social.

    Que é JOFIL?

    JOFIL somos un grupo de mozos e nenos, de etapas comprendidas entre 5º de primaria e incluso antigos alumnos, que nos reunimos un sábado ao mes para crear vínculos de solidariedade e amizade con compañeiros do colexio e doutros colexios filipenses.

    Como San Felipe nos ensinou, a través do xogo e da música, tamén se pode medrar e aprender a ser unha persoa máis solidaria, responsable e respetuosa coa naturaza, seguindo o ejemplo de Xesús.

    As nosas actividades

    • Obradoiros Solidarios
    • Traballos en grupo sobre valores
    • Xogos libres
    • Saídas e actividades fóra do centro con outros filipenses

    Quen a formamos?

    Somos un grupo de adultos, pertencentes a toda a comunidade educativa, que desexamos seguir formándonos como persoas, reflexionar e buscar xuntos o camiño da felicidade, axudandonos mutuamente na busca do sentido das nosas vidas.

    Reunímnonos o segundo luns de cada mes para orar e descubir o que Deus quere de nos, dende a vivencia de San Felipe Neri e dos nosos Fundadores. Desta maneira poñemos o noso ladrillo; marcado de sinxeleza, amor e ledicia; para a construcción dun mundo mellor, comezando dende o noso contorno máis próximo e contribuíndo co resto da humanidade.