Ligazóns de interese
Contacto

Rúa Vista Alegre, 2
36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Teléfono: 986 500 375


Título Da Imaxe

Fundadores

Marcos Castañer y Seda

Nace en Mataró (Barcelona) o 13 de xullo de 1815 no seo dunha acomodada familia. O maior de tres irmáns, cursa os seus primeiros estudos no Colexio que os PP. Escolapios teñen nesa cidade. En 1835 ingresa no Seminario de Barcelona para seguir a vocación sacerdotal. Tres anos máis tarde péchase dito centro a causa da situación política española e decide ir a Roma a completar os seus estudos eclesiásticos.

É ordenado sacerdote e, en marzo de 1839, celebra a súa primeira Misa na cidade eterna. Un ano máis tarde obtén o título de Misioneiro Apostólico e permanece en Italia ata 1845 exercendo o ministerio da predicación e ampliando estudos. Nestes anos toma contacto cos PP. Filipenses de Roma e queda cautivado pola vida e doutrina de S. Felipe Neri, fundador do Oratorio. Cando máis tarde funda a Congregación en 1858 daralle por Patrón a este santo florentino e as primeiras irmás recibirán o título de “Hermanas de San Felipe Neri”.

Ademais de Director das Congregacións Relixiosas en Mataró de 1846 a 1856 destácase polo seu celo apostólico, a súa preocupación pola xuventude e o seu amor a María Inmaculada, establecendo diversas Congregacións marianas ao longo da xeografía catalá. Os Exercicios Espirituais e retiros foron medios que utilizou para a evanxelización.

Os seus principais escritos xiran en torno á Congregación: Constituciones (1865), están inspiradas nas da primeira Comunidade Filipense femenina de Roma (Oblate Filippine) e nos PP. do Oratorio. Instrucciones a las Hermanas y Sucinta Memoria (1864) onde expresa o porque da fundación: a necesidade de dar resposta aos problemas sociais que orixina a nacente Revolución Industrial. Morre en Barcelona en abril de 1878.

“Apóstolo é aquel que vive do AMOR e por El despóxase de todo, poñéndose en absoluta dispoñibilidade ao servizo dos irmáns”

Gertrudis Castañer y Seda

Nace en Mataró (Barcelona) o 14 de agosto de 1824. É a pequena de tres irmáns aos que ve partir do seo familiar para seguir Marcos os estudos sacerdotais e Segismundo para entrar na orde dos Relixiosos Capuchinos. Orfa de pai dende os tres años crece ao lado da nai ata 1845 en que ingresa no Carmelo de Mataró, ao regresar o seu irmás Marcos de Italia.

Non estaba nos plans de Deus o que Gertrudis abrazase a vida contemplativa, pois vese na obriga de saír do convento por enfermidade, antes da Profesión relixiosa. Lonxe de vivir este contratempo coma un fracaso, inicia na propia casa un apostolado de acollida de nenas pobres, para ensinarlles o Catecismo e darlles instrución. Estas serán as bases en que se asente a futura Congregación.

Ao morrer a súa nai en 1857, únense os dous irmáns nunha tarefa común, a fin de dar resposta a unha necesidade urxente da cidade de Mataró. A descristianización que conleva a nacente Revolución industrial e o ambiente deshumanizador que se respira nas primeiras fábricas, é unha forte chamada ao seu xeneroso corazón.

O 21 de novembro de 1858 inicia a súa andadura, de forma oficial, a nacente Congregación. Axiña queda pequena a casa solariega dos Castañer á que acoden máis de 300 nenas e mozos das fábricas e serventas da cidade.

A Revolución de 1868 co destronamento de Isabel II priva aos Fundadores das súas propiedades e vense obrigados a refuxiarse en Barcelona onde máis tarde continúan a obra. Gertrudis morre nesta cidade o 25 de maio de 1881.

“ Madre Gertrudis soubo unir a tenrura dunha nai á firmeza dunha educadora segundo Deus”.
A Nosa Historia
O Noso ideario
Fundadores
Congregación Filipenses
Laicos Filipenses