Ligazóns de interese
Contacto

Rúa Vista Alegre, 2
36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Teléfono: 986 500 375


Título Da Imaxe

O Noso ideario

O noso ideario

Os Centros educativos FILIPENSES fundamentan a súa oferta educativa no dereito á educación e á liberdade de ensino que a nosa sociedade garante na Constitución.

Tales fundamentos sintetízanse nos seguintes principios:

  • Todos teñen dereito á educación e a sociedade debe ofrecer os medios necesarios para que os cidadáns poidan exercer dignamente este dereito fundamental.
  • Os nenos e mozos teñen dereito a unha escola que promova o pleno desenvolvemento da persoa e a súa capacitación para a vida profesional.
  • Os pais e os titores son os primeiros responsables da educación dos seus fillos. Teñen o dereito a decidir o tipo de educación que desexan para os seus fillos, e a ser respectados nas súas conviccións.

  • Os profesores teñen o dereito a realizar a súa función docente con liberdade, respectando o carácter propio.
  • As persoas e os grupos sociais teñen o dereito de crear e dirixir centros escolares e definir o seu carácter propio.
  • Os poderes públicos teñen obligación de facer posible, na práctica, o dereito de todos á educación, respectando a pluralidade das ofertas educativas.
  • A igrexa ten dereito de ofrecer a educación, facéndose presente no mundo da cultura, creando e ofrecendo á sociedade os seus propios Centros educativos.

Estilo educativo dos nosos Centros

Nos nosos Centros, dende unha concepción cristiá e participativa da educación, orientamos toda a ilusión e o esforzo, cara a consecución dunha auténtica Comunidade Educativa, onde todos os seus compoñentes poñan en común obxectivos, ilusións e realizacións no marco de Proxecto Educativo.

Comunidade Educativa

Quenes formamos a Comunidade Educativa integrámonos armónicamente a través dunha participación efectiva e dunha acción educativa coherente.

  • A institución: Relixiosas Filipenses Misioneiras do Ensino, é a responsable de expresar e dar continuidade aos principios que definen o estilo educativo que ofrecemos.
  • Os alumnos son protagonistas da súa formación, interveñen activamente segundo a súa capacidade, no seu proceso educativo, como un medio indispensable no desenvolvemento da súa personalidade e madurez.
  • Os profesores son os principais responsables da dinámica escolar, ao estar directamente implicados na preparación, realización e avaliación do proxecto educativo.
  • Os pais como principais responsables da educación dos seus fillos, prestan colaboración e apoio dentro da Comunidade Educativa, a través da súa representación no Consello Escolar e na Asociación de Pais.
  • O personal de administración e Servizos, presta unha valiosa colaboración, asumindo diversas funcións imprescindibles para o bo funcionamiento do Centro.

Acción educativa

Propoñémonos no noso traballo educativo:

  • Orientar aos alumnos no seu traballo formativo, mediante o estímulo e a axuda personalizada.
  • Promover o descubrimento de valores e a formación de actitudes, como aspectos básicos da forma integral.
  • Propoñer unha metodoloxía aberta e flexible, integrando os avances da Ciencia Pedagóxica e esixíndonos constante actualización, revisión e avaliación.
  • Favorecer o desenvolvemento físico e educativo do propio corpo, consciente da importancia que tales aspectos teñen na educación.
  • Estimular a práctica de destrezas, habilidades e técnicas de traballo que introduzan aos alumnos no ámbito do “saber facer”.
  • Proxectar a educación extraescolar e de tempo libre, de tal xeito, que os nosos Centros estén abertos nos seus espazos e tempos extraescolares, ofrecendo actividades e servizos que dan resposta aos intereses da
  • Comunidade escolar tanto no aspecto lúdico, como no pastoral e social.
  • Deseñar un proxecto coherente de avaliación, mediante o cal se verifica o nivel de calidade da nosa acción educativa e a educación da nosa pedagoxía ás necesidades dos alumnos.

O noso modelo de participación

A participación coordinada e responsable da Institución Titular – Relixiosas Filipenses Misioneiras do Ensino – os alumnos, os profesores, os pais e o personal de administración e servizos é a tarefa que dá sentido aos nosos esforzos e ilusións, tarefa que se resume en: “A formación integral dos alumnos”.

Con este obxectivo:

  • Levamos a cabo a participación de tódalas persoas e grupos que interveñen na vida escolar, axudándonos a construir a Comunidade e a realizar o Proxecto Educativo.
  • Desenvólvese o Regulamento de Réxime Interno, que regula o funcionamento do centro e garante a adecuada coordinación de tódolos estamentos e persoas que interveñen na acción educativa.
  • Promove a súa acción o Consello Escolar dando prioridade aos intereses globais por encima das conveniencias particulares, en diálogo e mutuo respecto.

O bo resultado da xestión é froito da competencia, dispoñibilidade, coherencia e capacidade de compromiso de todos e cada un dos que formamos a Comunidade Educativa Filipense.

Este documento e a síntese, que describe os rasgos máis importantes da Identidade dos Colexios Filipenses.

Esperamos que esta Proposta Educativa chegue a ser o eixo que faga converxer as ilusións pedagóxicas e a acción educativa de todos os que constituímos a Comunidade Escolar.

A nosa proposta educativa

Os Colexios Filipenses ofrecen ás familias e á sociedade, unha colaboración na súa responsabilidade educativa mediante:

  • Unha formación integral que axude aos alumnos a descubrir, potenciar e desenvolver as súas posibilidades personais, favoreza o crecemento da súa responsabilidade social e potencie o desenvolvemento da súa dimensión ética e transcendente.
  • Unha opción pola financiación pública, segundo a lexislación vixente, garantindo así a gratuidade da educación, evitando toda discriminación por motivos económicos.
  • A ensinanza da relixión católica, sempre como oferta respectuosa de cara á libertade dos alumnos, os profesores e as familias.
  • O cultivo de valores tales como a liberdade, a xustiza, a solidariedade, a convivencia e a paz.
  • O desenvolvemento, nas relacións, de actitudes de respecto, comprensión e tolerancia; acollida, ledicia, sentido de festa, esforzo persoal, colaboración; creatividade e compromiso.

Valores e actitudes dos cales o cultivo é urxente na nosa sociedade e aos que o home de hoxe é especialmente sensible.

A Nosa Historia
O Noso ideario
Fundadores
Congregación Filipenses
Laicos Filipenses