O uniforme é un signo externo que vincula a todo o alumnado entre si e co colexio, aportando unha identidade propia.
Levar o uniforme compromete a comportarse con dignidade e corrección , tanto dentro como fóra do ámbito do centro.
Evita as distincións pola roupa que se usa, e pon así a mirada no ser e non no ter.
O seu uso adecuado, busca desenvolver a virtude da orde e a elegancia, entendida como o respecto polo outro e por un mesmo.
Trata de levar ao alumno/a cara criterios de limpeza e pulcritude.
Co uniforme, a familia optimiza a utilización da vestimenta e tamén pode axudar a evitar os conflitos entre pais e fillos axilizando a rutina da vestimenta nas familias.
Estes serán os venres acordados con horario de 16:30 a 18:30 da tarde. Con antelación, fagan o pedido da forma que temos establecida no formulario que se mostra a continuación.
A continuación poderá visualizar o noso regulamento de uniforme. No caso de que queira descargalo, unha vez aberto, prema no enlace da frecha situado na parte superior dereita.
Para ver o documento coas medidas dos uniformes, pode facer clic no botón correspondente. Unha vez aberto, prema no enlace da frecha situado na parte superior dereita.
Visite esta sección para ver as actividades extraescolares dispoñibles no noso centro.