O paso do alumnado polo sistema educativo debe ir acompañado da mellor e máis adecuada información e orientación, co obxecto de facilitarlle o seu desenvolvemento integral como persoa e capacitalo para que realice de forma responsable e consciente a elección do seu itinerario formativo e profesional.
Por outro lado, o feito educativo é algo profundamente ligado á diversidade dos seres humanos. No colexio Sagrada Familia cremos que unha axuda educativa personalizada é un garante para que as diferenzas existentes no alumnado non impida o seu desenvolvemento persoal e social. E temos en conta que as necesidades educativas de certos alumnos/as demandan actuacións extraordinarias.